Podes ler a entrevista clicando no link www.lavozdegalicia.es
“Alborada do Brasil” ven de ser editado por fin no país que o inspirou e ao que está adicado.
A acollida dos medios brasileiros está sendo moi xenerosa:
Os dous principais xornais do Brasil, FOLHA DE SAO PAULO e GLOBO, de Río de Janeiro, dedicanlle páxinas casi completas, con foto.
FOLHA califica o CD de Moi Bó e remata a crítica escribindo nada menos que : “O CD nada pide ao Brasil. Ao contrario: cando ao final, o gaiteiro fai de “Asa Branca” un “Amazing Grace do sertão”, é como se ofrecese á nosa música un fundamento perdido, a nota arquetípica capaz de sustentar tanta diversidade”.
Para ver as entrevistas, facede click aquí: Folha de Sao Paulo e Globo
Carlos, de novo entre os 125 Galegos máis influentes seleccionados por El Correo Gallego / Galicia Hoxe
Carlos foi nominado a dous Premios de la Música por Alborada do Brasil, como mellor Álbum de Música Tradicional e como Mellor Arreglo
Xa están á venda por fin las entradas para o concerto de presentación de “Alborada do Brasil” en Madrid.
The Times da ao concerto 5 estrelas e o define como “unha ocasión gloriosa”
O concerto, no que Carlos reuniu uns 40 músicos galegos, brasileiros, escoceses e irlandeses no escenario, ante unhas dúas mil personas que enchían o auditorio principal do Glasgow Royal Concert Hall, foi aclamado unánimemente polo público e os medios.
Carlos tamén participou con igual éxito no concerto de apertura do festival xunto a unha orquestra sinfónica e pechou un concerto televisado para a BBC dende o Fruitmarket.
Aquí podedes ver outras críticas:
E fotos.
Trad Magazine dalle a súa máxima puntuación con comentarios eloxiosos. A revista Télérama dalle 3 F, o que significa algo así como “excelente”. E o mensual bretón Armor Magazine di nada menos que:
“Si existise un Premio Nobel da música, por dereito lle correspondería a Carlos Núñez, que sería un igual do Nobel literario JMG Le Clézio. O arte verdadeiro une, alegra e ennoblece: “Alborada do Brasil”, é unha proba viva delo”

